
Onte pola tarde tivemos o pracer de asistir á gala da II Edición dos Premios Sociais da Deputación de Pontevedra, un evento que recoñece o traballo de entidades e profesionais comprometidos co benestar social e cos colectivos máis vulnerables.
Para nós foi unha honra estar nomeados e poder formar parte deste espazo tan especial, onde se pon en valor o labor do tecido social.
Queremos agradecer sinceramente a nominación e a oportunidade de estar presentes, así como felicitar a todas as entidades e persoas gañadoras polo seu gran traballo e impacto.
Seguimos camiñando con máis motivación para continuar achegando no ámbito da saúde mental.
No responses yet