Protéxe-TECH – Programa de promoción do uso responsable das TRICS dende a familia e o entorno educativo de menores de entre 10 e 16 anos

Latest Comments

No hay comentarios que mostrar.

Onte, na FUNDACIÓN LAR PRO SAÚDE MENTAL comezamos a traballar nun novo Proxecto ó que levamos tempo dándolle forma e que por fín, coa axuda da CONSELLERÍA DE SANIDADE, podemos sacar adiante. Trátase dun programa destinado a formar e sensibilizar familias e docentes de nenos de entre 10 e 16 anos, no uso seguro e responsable das TRICS (Tecnoloxías para a relación a información e a comunicación) a través de charlas presenciais nos colexios e institutos.

O mundo dixital, ofrece numerosas vantaxes e beneficios que é preciso aproveitar, pero tamén expón ós menores a unha serie de riscos que é preciso previr, para o que é imprescindible que pais, nais e persoal docente dispoña de información sobre os problemas físicos, académicos, socias e psíquicos derivados dun mal uso das tecnoloxías, e cómo evitalos, e sobre os factores de protección e de risco ós que deben prestar atención.

Estades atentos, xa que pronto vos darémos máis información. 

TAGS

CATEGORIES

Programas

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *